Colchón tirado nun regato a un quilómetro do punto limpo do Milladoiro (Ames). Este punto xeográfico en particular compete ó Concello de Santiago de Compostela, pero por desgraza conforma unha fronteira abandoada por ámbolos dous concellos, parece terras de ninguén.

A tres minutos dun punto limpo xace esta maleta vermella nun anaco de bosque de Santiago de Compostela.

Unha moza xaponesa pasa por diante do escaparate dunha axencia de viaxes no casco antigo da cidade romana de Lugo.

Un avión preparándose pra continuar a xornada no aeroporto de Barajas (Madrid).

Ós pés da Torre de Hércules (A Coruña) atopamos Arte Urbana efímera polo implacábel paso do tempo.

Un paporroibo observa o ir e vir de xente que sobre A Rosa Dos Ventos na base da Torre de Hércules (A Coruña) observan os confíns do océano na procura dun atisbo da costa irlandesa onde os fillos de Breogán chegaron a deixar a súa pegada no Libro das Conquistas (Lebor Gabála Érenn).  

Unha pastora da Ulla (Vedra) atende con moito agarimo a súa ovella.

Un detalle do teito nunha das salas de embarque do aeroporto de Barajas (Madrid).

Poderiamos pensar que se trata dunha zona devastada por unha guerra mais non, este sinal preside unha rúa no centro do Milladoiro (Ames).

Un serán chuvioso deixa unhas estampas curiosas diante do escaparate dunha clínica dental do Milladoiro (Ames).

Unhas zapatillas deportivas colgan dunha árbore na entrada do Camiño Francés a Santiago de Compostela. Costume herdado por algún turista embriagado e copiado por varios camiñantes. 

Unha  sombra nunha parede do Milladoiro forma co cóbado da fachada unha curiosa silueta.

Back to Top