Se algo caracteriza á Coruña é a facilidade desde pra poder alugar unha bicicleta e poder percorrer dun xeito ecolóxico e saudábel o paseo marítimo enteiro.

Escultura homenaxeando un dos produtos estrela da gastronomía tradicional galega: o polbo. Non hai feira completa sen polbeira.

Detalle da Rúa Real (A Coruña).

Esculturas na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) que facían xogo coas Torres Hejduk.

Convento do Carme (Padrón) desvirtuado coma fito por roupa tendida a secar ó sol.

Un artista do equilibrio adestra ós pés da Torre de Hércules (A Coruña).

O Castelo de San Antón (A Coruña) convertido hoxe no Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade.

Dúas nenas xogan enriba de sendos cañóns no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña no Castelo de San Antón.

Un milladoiro creado polos alumnos da Escola Infantil do Milladoiro (Ames) cae até quedar nesa postura que desafía a calquera lei física e mantense así durante uns meses.

Outras galerías:

Back to Top