Un grupo de peregrinos facendo o Camiño de Santiago polo roteiro Muros-Noia. Por esta localidade pasan moitos grupos de peregrinos así como tamén amizades que se xuntan pra facer senderismo polos interesantes montes que rodean á vila.

Unha entrada ó Club Náutico enmarca a unha muller que pasa con xesto serio e pensativo.

Autorretrato no que parece un negocio que xa non funciona polo abandono. Reflíctese a mar, onde o traballo tamén é moi duro, arriscado e mal pagado. Os beneficios da industria da mar quedan todos nos intermediarios.

Un tronco partido con certa semellanza a un dragón chinés.

Un arco baixo o que descansan as mesas e cadeiras dunha terraza hostaleira ó carón dunha moto.

As rúas desta vila son empedradas e moi interesantes, cheas de escaleiras pois está construída en lugares con moito desnivel entre si.

Ás veces un aparello moderno abandoado durante uns minutiños pode poñerlle-la chispa de cor a unha antiga cidade feita en pedra, precisa pra devolvermos ó tempo presente.

Non hai atisbo de tormeta que poida deter a esta boa muller de continuar coa súa labor de limpeza.

Non hai recuncho en Muros que non resulte interesante pola súa característica construción.

Coma boa vila mariñeira podes atopar redes e aparellos... ou unha farola que cobra vida e parece querer botárseche enriba... vaia susto! non si?

Autorretrato nun interesante recuncho menos angosto do habitual nesta vila.

Parece que unha pomba levou unha boa molladura... 

...e mentres descansa do seu voo e seca pra continuar, a vida segue e ninguén parece ter reparado na súa presenza.

Autorretrato diante dunha barbería.

Unha muller a piques de acceder ó Mercado de Abastos, fachada icónica da vila.

Tanto pode estar colocando un cartaz, arranxando un escaparate ou procurando un lugar onde pasa-la noite... ou se callar... preparando o negocio que agarda recibir moita clientela durante o verán.

Un taxista fala animadamente co compañeiro mentres agardan polo cliente que lles arranxará un pouco a mañá... a subida do combustíbel está afectando seriamente unha profesión xa moi danada no seu día pola competencia.

Un home ven de merca-lo pan preguntándose ata cando subirá o prezo de alimentos básicos. De nada serve que che suban o soldo se logo sube o sustento tres veces máis... será que a fariña ven da Ucraína!

Unha gaivota cruza o ceo, un home cruza o paseo... unha señora cruza diante da árbore que a enmarca, coma non podía ser doutro xeito.

Restaurantes e terrazas acubilladas baixo dos arcos de pedra pra poder tomar ese delicioso cafetiño en prevención de que che poida quedar longo de auga.

Poderás ter o coche máis rápido e bonitiño do mundo... que virán as leis de tráfico pra cagarse nel.

A mar... ese inagotábel mundo cheo de misterio, sustento, e morte... voverán? Nunca se sabe... saen a deixa-la pel e o alento por traer un feixe de peixes e unhas veces por mala sorte e outras por codicia... a traxedia fai que non regresen.

As rúas de Muros, ademais de con pedras, parecen construídas por capas.

Cruzando o paseo marítimo había que bulir pra que non che collese a tormenta a medio percorrido.

Unha interesante arquitectura con cores que aínda que desentonan co resto, teñen moita personalidade.

Ó ritmo da subida do combustíbel... tan só nos vai quedar pedalexar... os coches canto máis tempo permanezan aparcados, mellor prós nosos petos.

Back to Top