Colchón abandoado nun regato a un quilómetro do punto limpo do Milladoiro (Ames). Este punto xeográfico en particular é competencia do Concello de Santiago de Compostela pero por desgraza conforma unha fronteira abandoada por ámbolos dous consistorios. Máis ben parece terra de ninguén.

A tres minutos dun punto limpo xace unha maleta vermella no interior do bosque.

Un aparcadoiro pra bicicletas na Rúa Carretas, agora totalmente peoníl.

Un grupo de ciclistas baixan pola Rúa Xelmírez pasando por diante dun dos máis míticos locais da marcha compostelá.

Un local da Rúa Alfredo Brañas adorna a entrada con grandes globos de cores.

A Praza do Obradoiro acolle sempre multitude de xente que sube e baixa do tren turístico pra percorrer con calma as rúas da cidade.

O Camiño debe continuar e hai que abandona-la Cidade Santa, se callar camiño de Fisterra ou se callar de Kumano.

Na Praza da Quintana un operario da brigada de limpezas toma folgos e hidrátase sen ter aínda consciencia da relevancia que cobrará poucos meses despois o seu esencial traballo.

Na entrada a Santiago polo Camiño Francés atopei colgadas estas zapatillas deportivas. Trátase dun costume herdado polos camiñante dalgún turista que se callar unha noite bebeu de máis nunha noite de viños polo Franco.

Silueta sobre a pedra da Praza do Obradoiro.

Chaman á misa na Igrexa de Salomé e os feligreses comezan chegar. 

Silueta debuxada no chan da Praza da Quintana.

Outras galerías:

Back to Top