Un autobús urbano rodando sobre unha estrada mollada pola chuvia.

Detalle do reflexo dun edificio na contorna do CHUS.

Un cable colga incontrolado en plena Avenida Romero Donallo.

Un pequeno gorrión recollido pola reixa do frontal dunha veloz berlina entra nun aparcadoiro subterráneo.

Vinilos pegados na porta dun vehículo.

Edificios da Avenida de Barcelona.

Unha farola acendida durante a noite no parque Eugenio Granell.

Cidade da Cultura un día anubrado.

Detalle da entrada dun aparcadoiro subterráneo.

Tronco cuberto de carriza no Parque Forestal da Selva Negra.

Escaparate do Museo da Maxia de Kiko Pastur na Praza de San Miguel dos Agros.

Rúa San Miguel dos Agros transitada por mulleres con roupas vermellas.

Obras na Praza das Praterías.

A terraza dun local gastronómico na Rúa do Villar.

Detalle dunha interesante fachada na Rúa do Villar.

A Alameda serve de fronteira entre o Ensanche e o Centro Histórico.

Un home reláxase observando as panorámicas desde o Paseo dos Leóns.

Caixas de cervexa espalladas pola Rúa de Curros Enriquez.

Escaparate dunha tenda na Rúa Curros Enríquez.

As pintadas son un habitual contraste no Casco Histórico, coma éstas que atopamos ó carón do aparcadoiro pra bicicletas diante xusto da Praza de Abastos.

Dúas siluetas no Paseo da Alameda.

Autorretrato nas colas de vacinación masiva na Cidade da Cultura.

Durante os tempos de pandemia a limpeza resultou vital, tanto coma un sector onde os dereitos dos traballadores están aínda á altura da Idade Media.

Silueta subindo a rampa dun aparcadoiro subterráneo.

Camareiro traballando nunha terraza durante un trevoento serán na Praza Roxa.

Entrada do Colexio concertado San Xosé de Cluni na rúa da Rosa.

Os peregrinos levan varios anos rematando o Camiño nunha Catedral en obras.

Os bolardos non sempre poden manterse en pé nas estradas húmidas pola chuvia, coma estos do CHUS.

O sol entrando no interior dun aparcadoiro subterráneo.

Unha maceta coida o escaparate dunha tenda na rúa da Rosa.

O helicóptero do 061 sempre listo pra engalar mentres agarda unha alerta na pista do Hospital Provincial de Conxo.

Outras galerías:

Back to Top