Pola zona de Santa Marta podemos atopar a obra de Julio Ferreiro a base de cerámicas e espellos que ademais de orixinalidade imprimen moita cor a unha zona agora moi fermosa.

Detalle da rúa Espiñeira onde unha sombra baixa pola escaleira dunha zona adobiada pola Arte de Julio Ferreiro.

Unha farola compite en relevancia contra a agulla do Parque de Barcelona.

Detalle do abandono ó que están sometidos certos currunchos da Avenida de Barcelona.

Formas e liñas na Avenida de Barcelona.

Unha bicicleta agarda polo seu dono na base da fachada do Museo de Cidade da Cultura.

Unha pomba aproveita o acubillo temporal que lle ofrecen as cadeiras baleiras das terrazas.

Unha pomba cruza a Praza da Quintana mentres o turismo fai uso das terrazas cuxas mesas avanzan cada día conquistando o empedrado territorio.

Depósito de baterías usadas e un sinal que lembra que o paso é só pra peóns á entrada da rúa Carretas.

A rúa Carretas, antes aberta ó tráfico rodado, agora é un lugar de tránsito obrigado e cómodo para peregrinos que atopan alí a oficina de recepción e tamén varios albergues.

Os xardíns da Praza de Fonseca sempre resultan atractivos grazas ás brigadas municipais de xardinería.

Un can e as persoas que o acompañan pasean polo ensanche compostelán.

Unha mancha de auga no chan da Cidade da Cultura.

Un home paseando pola rúa do Xeneral Pardiñas.

Siluetas nun solpor na Cidade da Cultura.

Monumento a Rosalía de Castro nos xardins do parque da Alameda.

Detalle da Rúa de San Paio de Antealtares.

Unha señora observa o solpór baixo a chuvia na Praza do Obradoiro.

Escalinata da Avenida de Raxoi e Fachada do Obradoiro.

Porta e Praza de Mazarelos.

O escaparate dun comercio na Praza de Galicia.

Un can protexe unha finca nunha zona exclusiva do ensanche compostelán.

Outras galerías:

Back to Top